luns, 25 de abril de 2016

CARAVEIS DE CORES



Así quedou un dos caraveis ( o da esquerda, na foto non se  aprecia moito) que deixamos o venres no colorante.Hoxe estivémolos comparando cos que quedaron só en auga. Chegamos á conclusión de que botamos demasiada auga e por iso se tinguiron pouco.


Outras actividades relacionadas coas plantas:



Saída ó patio dos maiores para recoller flores silvestres. Atopamos unha con raiz e "plantámola" para observar   a evolución durante varios días. Vimos como unhas secaban moi rápido e as que estaban en auga ou na terra non.Comparamos as cores, as formas...



Mural da PRIMAVERA





Flores con pegatinas




Precioso antiface  dunha bolboreta primaveral!

Ningún comentario: