martes, 17 de maio de 2016

DE NOVO; OS MUSICONTOS

OS  MUSICONTOS FAN O CAMIÑO. E volveron ó noso Colexio. Esta vez fixeron un percorrido musical polo Camiño de Santiago, ensinándonos o significado  dalgúns sinais e normas de circulación.








Foi divertido e aprendemos moitas cousas.



MANUEL MARIA

Como  todos sabemos,este ano adícaselle o día das Letras Galegas ó poeta de Outeiro de Rei.

No noso Centro , a semana pasada viñeron un escritor e un ilustrador ( Polo correo do vento ), que nos leron poemas de Manuel María  e ensináronnos a facer unha caricatura coma esta:


                                                                 


Foi moi interesante!

luns, 16 de maio de 2016

XARDÍN DE CORES

Para facer este mini xardín precisamos:

                         - ARROZ
                         - XIZ DE CORES
                         - FLORES ARTIFICIAIS





Primeiro machacamos o xiz cun morteiro.








Despois mesturamos co arroz.





E facemos montonciños nunha bandexa:














Aproveitamos o arroz amarelo para rematar a nosa flor xigante:







Agora decora a nosa aula. Gústavos?