venres, 16 de febreiro de 2018

SAÍDA A PONTEVEDRA E ENTROIDO

O pasado 6 de Febreiro desprazámonos ata Pontevedra para ver o espectáculo de " Magín Blanco ". Foi moi divertido . Gustáronnos tódalas cancións, entre elas a de Don Ramón, a nena e o grilo nun barquiño. A nosa preferida, de momento, é Todos somos capitáns.
Grazas de 💜 por facernos felices. 












Este ano, no noso centro, o tema elexido para disfrazarnos foi Europa. Os de E. Infantil escollemos tres temas de España en Eurovisión.

Antes de desfilar, Uxío convidounos a unhas orellas moi ricas:














Esperando a hora de ir ó pavillón:
















Preparados!


















Canta xente... Que nervios!


E a bailar!



UN SAÚDO PARA A PAZ

Este ano, no noso Centro , decidimos traballar O SAÚDO  por unha mellor convivencia. Ainda que se ensina na familia e no cole dende pequeniños, non está demáis lembrar certas normas a miúdo.
Falamos na aula da importancia  da cortesía e da boa educación, facendo fincapé  no saúdo e na despedida.
Despois elaboramos un cartel para a porta da aula ( cada clase fixo
o seu).




O día 30 fixemos un acto conxunto  cos compañeir@s de Primaria e Secundaria con cancións, lectura de poemas e dramatizacións.












 QUE A PAZ DURE TODO O ANO!