luns, 5 de decembro de 2016

DE SETEMBRO A DECEMBRO 2016

Resumo algunhas das actividades que levamos feitas no que vai de curso:

Observamos os cambios que se producen nas árbores e a diferencia entre as de folla  perenne e caduca. Para iso fomos ata o " Pino Manso" e despois recollemos algunhas follas.






Fixemos esta poesía entre todos e aprendémola:






Os nen@s de primeiro  deixáronnos ver unha super cabaza.
Ufff..., como pesa!



,




Menos mal que as que trouxemos polo SAMAÍN eran máis pequenas. Grazas ás familias pola axuda.A exposición quedou asi de bonita:










Tamén houbo ocasión para disfrazarse. Qué medo!








Tamén fixemos " truco ou trato" cos outros nen@s de Infantil e 1º. Pasámolo xenial!.Mágoa dos que non poideron vir.






Tamén fixemos fotos coa bruxa maléfica. Quén somos?









TALLER DE COCIÑA
No taller de cociña fixemos unhas " arañas" en colaboración cos nen@s máis pequenos de Infantil. O mellor de todo foi comelas cando rematamos.






O MAGOSTO

Como tódolos anos, no mes de Novembro fixemos o magosto no noso Colexio. Os pais e nais fixéronnos uns cestos ben bonitos reciclando cartóns de leite ou zume para botar as castañas asadas.
Algúns profes asaron as castañas nas brasas e, despois de comelas, fixemos diferentes xogos.







PHYSALIS ( OU ALQUEQUENJE)

Un neno da clase de 3 anos trouxo froitos desta planta con estes nomes tan raros Tamén se coñece como farolillo chinés., entre outros nomes.Nós aproveitamos para observala, olela e incluso probar unha pizquiña.Son plantas exóticas que normalmente veñen de Sudamérica . Esta especie en concreto algúns estudiosos din que da China, Xapón e rexións Caucásicas.







TODOS / AS TEMOS XA 4 ANOS!

En Novembro celebramos o último cumple do curso. Felicidades Mauro!







NON Á VIOLENCIA

Dende o Concello , por mor do 25 de Novembro, propuxéronnos participar nunha actividade conxunta contra a violencia de xénero. Oxalá que algún día estas cousas non sexan necesarias.

































venres, 8 de xullo de 2016

BO VERÁN

Para celebrar a chegada do verán e as vacacións fixemos unha merenda campestre á sombra dos carballos:


Tí que traes hoxe?





Cantos amig@s!

Deixamos todo limpiño...





E de premio, un xeado!.

Que rico!


Cando voltamos ó Colexio, un pouco de baile e confetti. Vémonos en Setembro. BO VERAN A TODOS!