mércores, 29 de novembro de 2017

PARABÉNS MAURO E ALEX

Neste mes de Novembro que xa está rematando, chegou un novo

neno  ó noso cole. Chámase Alex e coincide  no  aniversario con 

Mauro. Os dous compartiron con nós uns ricos biscoitos.

PARABÉNS  ÓS DOUS!














domingo, 12 de novembro de 2017

UN NOVO CURSO



Tras un pequeno parón, queremos facervos partícipes dalgunhas  actividades levadas a cabo neste trimestre:

SAMAÍN

Cada ano, as familias esméranse máis para axudarnos  coa   exposición de cabazas e do outono. Mirade!


















Tamén, o día 31, viñemos disfrazados e dábamos  un medo....!



Uxío quixo compartir connosco estas galletas que fixo o seu tío.Qué ricas! 



MAGOSTO

Como cada curso, nestas datas facemos o magosto no noso colexio, compartindo unhas ricas castañas cos nosos compañeir@s.





Sacarlle a monda ás castañas esixe moita concentración.