domingo, 13 de decembro de 2015

UNHA ESTRELA POLO NADAL

Dende o Equipo de Actividades Extraescolares propuxéronnos facer unha estrela por aula e xuntalas todas para facer unha árbore no edificio de primaria e secundaria.Así quedou:


A NOSA






TODAS XUNTAS

O BELÉN DE VALGA

No veciño concello de Valga hai un Belén en movemento que cada ano ofrece un montón de novidades.
Cada ano  veñen moitos nenos/as de outros colexios e tamén maiores .Nós fomos o venres 11 e gustounos moito.








 Preparados para sair!

Antes de entrar.











Esperando.Que frío!





Cos amiguiños de 4 e 5 anos






Grazas a todos os que colaboran para que isto sexa posible. E tamén ao condutor do autobús que amablemente nos axudou a subir e baixar.


PATACAS DO AIRE

Grazas a unha persoa que traballa no Centro, esta semana poidemos observar esta especie na clase. Procede dunha planta trepadora do Brasil (Chayote) . Pode ser verde ou branca e ten unhas espiñas brandas polo que hai que collela con coidado.Como hai que comela cociñada, a profe trouxo outras froitas que si podemos probar: freixoas, kiwis, granada e caqui.





Pola cor comparamos as dúas primeiras e as dúas últimas entre si. Despois, se tiñan a pel dura ou branda, con peliños,etc.



 Curiosamente, un neno tiña  unha granada de merenda.
Fixámonos que ó partir o caqui pola metade parecía un sol.
E logo...a comer!.Así quedaron os pratos:




sábado, 28 de novembro de 2015

ANAQUIÑOS

Xa queda menos para que entre o  Inverno. Mentras, na nosa aula
seguimos a voltas  coas cancións e poesías propias do Outono.
Esta semana aprendemos esta:
                         "Outono bonito,
                           folliñas no chan.
                           Castañas asadas,
                           que ricas están!"






Estamos tamén traballando o tema dos Xoguetes e preparando unha
canción para o Nadal.


Cando chegamos á escola acostumamos a cantar algunha canción.
Esta que trata do Outono sabémola todiña pero algúns ainda non estábamos ben despertos.









Este ano,o Equipo de Biblioteca propuxo " O SISTEMA SOLAR"
para traballar ó longo de todo o curso. E tamén que se adornaran as portas das aulas.Asi quedou a nosa:
A lúa grande feita entre todos e logo cada un a súa.



O día 16 celebramos o cumple de Mauro. Trouxo un biscoito de chocolate para compartir.Que mágoa que faltaban tres nenos/as na clase!







QUE BO ESTABA! 





O escritor Xosé Neira Vilas morreu onte na súa casa de Gres, Vila de Cruces. Dende "Memorias dun neno labrego" (1961) ata agora, nunca deixou de traballar.Escribía, daba conferencias e ía onde o chamaban, mesmo colexios.Que estas palabras sirvan de homenaxe.

mércores, 11 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015

Onte celebramos o MAGOSTO no noso Colexio. Como sempre pedimos que cada neno/a aportase unhas poucas castañas e tamén a metade dun cartón ou botella para facer un cestiño.
Na clase vimos o conto " A castaña que rebentou coa risa". Tamén cantamos " Non chas quero, 
                  non chas quero
                  castañas do teu magosto.
                  Non chas quero,
                  non chas quero
                  que me cheiran ó chamosco ".
Mentras tanto, no patio, estaban algúns profes facendo as brasas para poder asar as castañas.Estaban ben ricas!.



 Preparados para sair a comer as
castañas.

QUE RICAS!









       ATENCIÓN: Se queredes ver o video do samaín , entrade no 
trasno paroleiro . Esperamos que vos guste.           

luns, 2 de novembro de 2015

O SAMAÍN

Esta semana,  no noso Centro, fixemos unha exposición de cabazas.
Temos que agradecer a colaboración das familias, que cada vez  nos sorprenden mais gratamente.


 






















O Xoves, para rematar, fixemos unha pequena festa cos amiguiños/as de 4 e 5 anos e pasámolo en grande:









O samaín celébrase o día 31 de Outubro (comezo do Aninovo celta) e conmemora a visita dos mortos ao mundo dos vivos.
O ENDL e o Equipo da Biblioteca do Centro convocaron un Certame de Relatos de Terror. Os nenos/as de Infantil participamos cun video. Grazas á profe Patricia que fixo a grabación e a montaxe e ó profe Suso que veu cos maiores a entregarnos un premio.









Déronnos un Diploma e un Conto para cada clase.

Grazas a todos!