mércores, 29 de novembro de 2017

PARABÉNS MAURO E ALEX

Neste mes de Novembro que xa está rematando, chegou un novo

neno  ó noso cole. Chámase Alex e coincide  no  aniversario con 

Mauro. Os dous compartiron con nós uns ricos biscoitos.

PARABÉNS  ÓS DOUS!














domingo, 12 de novembro de 2017

UN NOVO CURSO



Tras un pequeno parón, queremos facervos partícipes dalgunhas  actividades levadas a cabo neste trimestre:

SAMAÍN

Cada ano, as familias esméranse máis para axudarnos  coa   exposición de cabazas e do outono. Mirade!


















Tamén, o día 31, viñemos disfrazados e dábamos  un medo....!



Uxío quixo compartir connosco estas galletas que fixo o seu tío.Qué ricas! 



MAGOSTO

Como cada curso, nestas datas facemos o magosto no noso colexio, compartindo unhas ricas castañas cos nosos compañeir@s.





Sacarlle a monda ás castañas esixe moita concentración.

mércores, 14 de xuño de 2017

PARABÉNS MATEO

Mateo F. quixo compartir con nós un rico biscoito con chocolate. Nós correspondemos cantando e bailando con él. Felicidades, Mateo!







De paso estreamos o noso novo rincón de Biblioteca. Qué cómodo!




O biscoito estaba moi rico

















domingo, 11 de xuño de 2017

SAÍDA Á GRANXA

O pasado 23 de Maio fixemos a excursión de fin de curso á granxa Kirico en Fornelos de Montes.
A paisaxe era ben bonita, preto do río Oitavén e do encoro de Eiras.
Pasamos o día alí facendo varias actividades como:

VISITAS ÓS ANIMAIS DA GRANXA


















AMASAR O PAN E FACER UN BOLIÑO





















XOGOS DIVERSOS.

A COMIDA. Tomamos croquetas, pasta con carne e froita.Pero o máis importante foi compartir este momento cos amig@s:












Logo, pola tarde, repoñemos forzas con bocadillos antes de voltar ó Colexio. Ufff....chegamos cansadiños!