Este trimestre estamos aprendendo moitas cousas sobre AS PLANTAS. Entre outras actividades , fixemos unha observación de distintas sementes e plantamos chícharos:
Pasados uns días vimos que empezaban a nacer e agora xa están así de altos:
.Agora xa sabemos que precisan luz, auga e coidados.Levarémolos para a casa para plantalos nunha maceta máis grande e seguir observando o seu crecemento.
O venres a mestra trouxo uns caraveis brancos. Dixemos o seu nome, ulímolos e logo fixemos un pequeno experimento. O luns cando cheguemos ó Colexio veremos que pasou. Precisamos:
- Caraveis brancos
-Auga
-Colorantes
Tinguimos auga con distintas cores.
Rematado o proceso, metemos dous caraveis en cada vaso, un dos cales só ten auga e debuxamos o que fixemos.
Que pasará o luns?
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.