No noso Colexio estamos homenaxeando ó escritor CARLOS CASARES. El quixo achegarse ós nen@s con obras como: " A galiña azul", "As laranxas máis laranxas de todalas laranxas" e a serie de contos de Toribio.
Os nen@s de Infantil lemos o primeiro, "Este é Toribio", e fomos a contarllo ós distintos grupos de Primaria. Logo eles devolvéronnos a visita e narráronnos as seguintes historias
deste neno inventor e contador de contos.
Mañá temos unha actividade na Biblioteca
Municipal baseada na Galiña Azul e os vindeiros días outros actos relacionados no Centro.