sábado, 27 de maio de 2017
LETRAS GALEGAS II
Fomos á Biblioteca Municipal a ver unha contacontos. Falounos da Galiña azul de CARLOS CASARES e outras historias. Pasámolo ben.
mércores, 17 de maio de 2017
17 DE MAIO DO 2017
No noso Colexio estamos homenaxeando ó escritor CARLOS CASARES. El quixo achegarse ós nen@s con obras como: " A galiña azul", "As laranxas máis laranxas de todalas laranxas" e a serie de contos de Toribio.
Os nen@s de Infantil lemos o primeiro, "Este é Toribio", e fomos a contarllo ós distintos grupos de Primaria. Logo eles devolvéronnos a visita e narráronnos as seguintes historias
deste neno inventor e contador de contos.
Mañá temos unha actividade na Biblioteca
Municipal baseada na Galiña Azul e os vindeiros días outros actos relacionados no Centro.

domingo, 14 de maio de 2017
SEMENTEIRA
O curso pasado, por estas datas, plantamos pebidas de mazá e de níspero. Agora xa son pequenas árbores que trasplantamos para poder seguir observando e coidando na aula:
Como podedes observar, esta tarefa esixe moita concentración. Agora toca esperar...
Mirade que fermosas:
O ano pasado tocou sementar chícharos, asi que esta vez preferimos poñer fabas:
RECICLAXE DE PAPEL
Dun xeito moi sinxelo, no noso centro fixemos un taller de reciclaxe:
Despois dunha pequena charla, o primeiro era trocear o papel en anaquiños:
Despois, con auga e unha batedora, facer unha pasta:
Despois dunha pequena charla, o primeiro era trocear o papel en anaquiños:
Despois, con auga e unha batedora, facer unha pasta:
Botar unha pouca nun tamiz:
Unha vez seco, cada nen@ levou un anaquiño para ensinar ás familias.Interesante!
FELIZ CUMPLE!
CARLOS MASIDE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)