domingo, 3 de xaneiro de 2016

CHEGA O NADAL

O primeiro trimestre deste curso quixémolo rematar dun xeito festivo. O xoves 17 xuntámonos todos na aula de 4 anos 
e compartimos algunhas lambetadas. Despois bailamos ó ritmo da música ata cansarnos.
O venres 18 viñeron os nenos/as de 6º de Primaria a contarnos uns contos.Fixérono moi ben e nós estivemos caladiños.Grazas a eles e a teacher Ana!


Despois fomos ó ximnasio, onde nos agardaban os paxes dos Reis Magos.Cantamos unha canción en galego e outra en inglés e vimos ós compañeiros maiores .


 Os nosos papás e mamás axudáronnos a facer unhas preciosas guitarras.GRAZAS!


Os nenos/as de Primeiro en plena actuación.Moi ben!



Os de 6º.Fixérono tan ben que o público pediu velos de novo.


Esperando que chegue a hora.Mirade que guapísimos estamos!

Ata a volta. Vémonos no 2016.

Ningún comentario: