Comenzamos un novo curso cunha mistura de sentimentos pero sobre todo con moita ilusión. A reunión coas familias, as entrevistas, o período de adaptación..., todo coa idea de que os nenos/as coñezan ós novos amiguiños, ós mestres e os espazos nos que se van a mover os vindeiros anos.
Deixamos atrás algúns choros (poucos) e imonos acostumando ás novas rutinas pouquiño a pouco.
Unha das cousas que máis nos gusta é o patio tan grande que temos e que compartimos cos nenos/ as de 4 e 5 anos. Os primeiros días saíamos soliños armados con pas e caldeiros. Agora xa o facemos
todos xuntos.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.