domingo, 25 de outubro de 2015

O GRILO

Esta semana , aproveitando que apareceu un grilo no Colexio,estivémolo observando  e aprendemos algunhas  cousas curiosas sobre este insecto. Por exemplo, que para producir o seu son levantan as ás e frótanas unha contra a outra. Só cantan os machos, para atraer ás femias e son omnivoros ( tanto comen follas e talos como insectos).











Despois tamén vimos outros "bichiños"

do noso baúl dos tesouros. E o grilo
soltámolo na herba para que siga o seu camiño.











CURIOSIDADES

No suplemento dun xornal aparece esta foto:



Son dúas  crías de raia Mosaico, nacidas nun Aquarium de Londres. O que parecen ollos son en realidade orificios nasais. Os ollos están do outro lado . Realmente curioso!

domingo, 18 de outubro de 2015

O OUTONO II

Esta semana convidáronnos a visitar os espazos comúns de Primaria. Alí teñen unha exposición sobre O OUTONO con produtos que trouxeron os nenos/ as.





Vimos cabazas, millo de distintas cores, cogumelos, castañas e moitas mais cousas.




Usando os distintos sentidos podemos aprender un montón de cousas. Podemos ver, ulir , escoitar e (xa de volta na clase) mesmo
tocar e probar algún producto.




venres, 9 de outubro de 2015

CASTIÑEIROS E CARBALLOS

Onte estivemos observando os ourizos que trouxo a profe Manola e tamén as follas de castiñeiro:


No Colexio non temos ningún prantado. O que si temos son uns carballos ben fermosos. Aproveitando que facía bo día, fomos ata eles . Alí vimos que as follas tiñan unha forma diferente ás que xa víramos e que os froitos son as landras.







Tamén recollemos follas e algunha landra para poñer na árbore da nosa clase.











Xa de volta na clase, probamos un cachiño de castaña ou de noz.(O
que quixo probou  un pouquiño das dúas).



        

mércores, 7 de outubro de 2015

FACENDO PLASTILINA

Cando a profe nos dixo que íamos amasar, algúns non queríamos
manchar as mans. Pero isto foi so ó principio.
 Podíamos facer a nosa propia pasta de modelar,cun toque diferente.
 Precisamos: 
                    - Auga de cocer remolacha
                    - Aceite
                    - Fariña
                    - Sal
                    - Esencia de vainilla para que ula ben, pero non se pode comer!
                    -Por si non tinguia bastante, engadimos un pouquiño de témpera.
                      






Despois de amasar, estiramos ben e cortamos uns osiños e unhas
flores.Así cada un podía elexir o que quería levar á casa.






Repetiremos, xa que saiu moi ben!

domingo, 4 de outubro de 2015

AS RUTINAS

Cada día, cando chegamos ó Colexio, o primeiro que facemos é poñer cada cousa no seu sitio ( abrigos, merendas...) e coller o 
noso mandilón. Cada vez sabemos facer mais cousas soiños.

Despois imos a sentarnos, cantamos algunha canción e miramos a quen lle toca ser " o encargado/a". Este pasa lista, mira o tempo que fai, etc.

Despois podemos ler un conto, falar ou facer algunha actividade na mesa. Gústanos moito:     
                                         PINTAR








                             





                                       
XOGAR





                                   FACER PUZZLES



E , por suposto, a media mañán repoñemos forzas cunha merenda  ben rica. Temos que estar sentadiños e deixar a nosa mesa limpiña.
Ainda que  algunha vez esquecémonos.



           
                                    

O OUTONO

Estamos aprendendo moitas cousas sobre o OUTONO. Esta semana cantamos algunhas cancións e tamén vimos un conto. De fondo, a música de Vivaldi adicada a esta estación:















GUSTOUNOS MOITO E ADEMAIS ACABOU BEN