mércores, 17 de xuño de 2015

SÁIDA Á CORUÑA

Onte fixemos a saída de fín de curso ó Aquarium Finisterrae da Coruña.


                    Antes de sair. Preparados!








No autobús á ida. Á volta, un 

pouquiño mais cansos.









No acuario aprendimos moitas cousas. Ata nos falaron de anémonas e pepinillos de mar, que non teñen nada que ver coa horta!. Tamén vimos medusas, polbos, tabeiróns e moitas clases de 
peixes. Despois saimos a ver as focas, que están moi ben ensinadas e comen por turnos:

Paseamos ata a Torre de Hércules, comemos e xogamos nun parque. E logo volta ó colexio que os papás estaban esperando.









            
                           Un día estupendo!

Ningún comentario: