sábado, 9 de maio de 2015

PLANTANDO FABAS

Seguindo co tema das plantas, hoxe  na nosa aula plantamos unhas fabas. Previamente, cada neno/a trouxo un vaso de iogur valeiro e botamos nel un pouco de terra:



Despois poñemos as sementes


           


E botamos outra  pouca terra


Por último regamos e...a esperar que nazan





Como as fabas eran de tres clases distintas, plantamos algunha máis  con letreiro para poder observar se hai algunha diferencia entre elas.




A profe de 5A trouxo flores de laranxeiro, unhas máis abertas e outras pechadas. Non nos cansábamos de ulilas de tan bo arrecendo que tiñan. E tamén dúas laranxas ben grandes . Poidemos comprobar como pesaban.