Coincidindo co falecemento de Miguel de Cervantes e de Shakespeare, nesta data conmemoramos o Día do Libro.No noso Centro pensamos que a lectura tén que ser unha aventura diaria , facendo hoxe especial fincapé.
Na asamblea escoitamos a historia dunha nena que tiña a sorte de coñecer a Ramón (fotógrafo de profesión).El ía viaxar a California
para facer unha reportaxe sobre a árbore máis grande do mundo.Falamos das sequoias e vimos a distancia que tiña que recorrer ata chegar aló.
Despois do recreo todos/as os nenos e nenas de Infantil fomos ó patio para facer unha "lectura colectiva" ó pé dunha árbore.
Para rematar,cada un levou o seu
marcapáxinas para a casa.
Ningún comentario:
Non se permiten novos comentarios.