mércores, 29 de abril de 2015

ARBORES, PLANTAS E FLORES II

Os mércores   temos E. Física e, de camiño ó ximnasio, atopamos un caracol ben grande. Logo levárono os nenos/as de  arriba que están co proxecto dos animais.
Despois do recreo observamos os cambios que se produciron no xardín dende a última  vez. As azaleas están ben bonitas. O acivro 
non ten boliñas, en outra foto  que trouxo a profe sí (e tamén flores).

ARBORES, PLANTAS E FLORES

Seguimos traballando o tema das plantas. Cada neno/a trouxo da súa casa unha flor, planta ou ramiña e o seu nome nun papel.Fixemos unha pequena exposición, tocámolas, ulímolas e dixemos as características máis importantes.
                                                                                                                                                                   Nunha das plantas viña unha lesma pequeniña, asi que estivémola observando.



xoves, 23 de abril de 2015

DIA DA TERRA

As celebracións xuntanse ás veces restando importancia unhas ás outras.Na Voz de Galicia de onte (La Voz de la Escuela) aparece un precioso poema de Gabriela Mistral traducido ó galego:
    
  A TERRA

  "Neno indio, se estás canso, / tí déitaste sobre a  Terra,/ e o mesmo se estás alegre,/fillo 

meu, xoga con ela...// Oense cousas marabillosas/ ao tambor indio da Terra: / óese o lume 

que sobe e baixa/ buscando o ceo, e non sosega. /Roda e roda, óense os ríos / en

cascadas que non se contan. / Oense bruar os animais; /óese a machada comer a selva..."


      Para pensar

DIA DO LIBRO

Coincidindo co falecemento de Miguel de Cervantes e de Shakespeare, nesta data conmemoramos o Día do Libro.No noso Centro pensamos que a lectura tén que ser unha aventura diaria , facendo hoxe especial fincapé.
   Na asamblea  escoitamos a historia dunha nena que tiña a sorte de coñecer a Ramón (fotógrafo de profesión).El ía viaxar a California
para facer unha reportaxe sobre a árbore máis grande do mundo.Falamos das sequoias e vimos a distancia que tiña que recorrer ata chegar aló.

Despois do recreo todos/as os nenos e nenas de Infantil fomos ó patio para facer unha "lectura colectiva" ó pé dunha árbore.



 Para rematar,cada un levou o seu 
marcapáxinas para a casa.

luns, 13 de abril de 2015

MUSICONTOS

Hoxe participamos nunha actividade moi divertida e interesante.

Xunto co resto do alunado de Infantil e Primaria, fomos ó ximnasio do noso Centro.Alí un grupo de músicos contáronos unha historia acompañada de cancións e bailes para concienciarnos da importancia de reciclar.




















                                                     O final, grazas á colaboración de todos," o país de AZELEB "  convírtese no país da BELEZA.Trataremos de levalo á práctica no Colexio e tamén fora.
                                                         

venres, 10 de abril de 2015

COAS MANS NA MASA


 Esta semana custounos un pouquiño volver á rutina despois das vacacións.Pero ainda queda A Pascuilla se nos portamos ben.
No terceiro trimestre imos a traballar (entre outras cousas) "As plantas" e "Os nenos e nenas do mundo".
Hoxe fixemos pasta de modelar caseira. Pódese facer cocéndoa pero nós mesturamos e amasamos todo en frío.













Despois  escribimos  o proceso;



e fixemos " churros" e algunhas figuriñas





Pasámolo ben



- 1 vaso de auga
- 1   "      " sal
- 3    "     " fariña
- 2 culleriñas de aceite
- 2       "          "  témpera  azul.(De pintura botamos uns bos chorretóns).