domingo, 10 de xuño de 2018
CHEGAMOS Ö FINAL
Pouquiño a pouco, o curso vai rematando. Pero antes de que iso pase, ainda nos queda disfrutar do noso patio. O curso que vén xa estaremos en Primaria.
sábado, 9 de xuño de 2018
CARLOS MASIDE II
Continuando co traballo do curso pasado sobre Carlos Maside, os nen@s das aulas de 5º e 6º de E.I., fixemos as nosas interpretacións de tres cadros seus: " Peixeira", "Boneca" e "Lavandeiras":
venres, 8 de xuño de 2018
EXCURSIÓN Á CORUÑA
Cada fin de curso facemos unha saída todolos nenos/as de E.Infantil.Este ano tocaba visitar A Coruña.
Cando chegamos, demos un paseo ata a Torre de Hércules:
Logo fomos ó Aquarium Finisterrae. Alí vimos
alimentar as focas, toda clase de peixes, cabaliños de mar... Gustounos moito Gastón o tabeirón e tamén o despacho do capitán Nemo:
Tamén vimos uns traballos feitos con lixo que a xente tira ó mar. Moi interesantes, pero o máis importante foi darnos conta de que non hai que tirar o lixo e da importancia de reciclar.
Cando chegamos, demos un paseo ata a Torre de Hércules:
Logo fomos ó Aquarium Finisterrae. Alí vimos
alimentar as focas, toda clase de peixes, cabaliños de mar... Gustounos moito Gastón o tabeirón e tamén o despacho do capitán Nemo:
v
Logo fomos a comer ó parque de Sta Margarida.E,por suposto, xogamos e pasámolo tan ben que nos parecía cedo para voltar ó Colexio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)