Neste mes de Novembro que xa está rematando, chegou un novo neno ó noso cole. Chámase Alex e coincide no aniversario con Mauro. Os dous compartiron con nós uns ricos biscoitos. PARABÉNS ÓS DOUS!
Tras un pequeno parón, queremos facervos partícipes dalgunhas actividades levadas a cabo neste trimestre: SAMAÍN Cada ano, as familias esméranse máis para axudarnos coa exposición de cabazas e do outono. Mirade!
Tamén, o día 31, viñemos disfrazados e dábamos un medo....!
Uxío quixo compartir connosco estas galletas que fixo o seu tío.Qué ricas!
MAGOSTO Como cada curso, nestas datas facemos o magosto no noso colexio, compartindo unhas ricas castañas cos nosos compañeir@s.
Sacarlle a monda ás castañas esixe moita concentración.
O pasado 23 de Maio fixemos a excursión de fin de curso á granxa Kirico en Fornelos de Montes. A paisaxe era ben bonita, preto do río Oitavén e do encoro de Eiras. Pasamos o día alí facendo varias actividades como: VISITAS ÓS ANIMAIS DA GRANXA
AMASAR O PAN E FACER UN BOLIÑO
XOGOS DIVERSOS. A COMIDA. Tomamos croquetas, pasta con carne e froita.Pero o máis importante foi compartir este momento cos amig@s:
Logo, pola tarde, repoñemos forzas con bocadillos antes de voltar ó Colexio. Ufff....chegamos cansadiños!