xoves, 16 de xuño de 2016

SAÍDA A APIPOLIS

O pasado luns chegou por fin o día máis desexado. Iamos pasar a xornada nunha granxa de abellas.
Cando chegamos, parecía que o tempo non nos ía acompañar pero despois ata saiu o sol.
Os monitores dividíronnos en grupos para realizar as distintas actividades: - Visitamos a sá de exposicións, onde nos explicaron 
                       moitas cousas interesantes,
                     - Fixemos galletas de mel (cantando),
                     - Elaboramos unha vela
                     - Probamos o mel, o pole e a xalea,
                     - Vestímonos axeitadamente para visitar o Apiario...






















Despois da comida, cantamos e xogamos.Pasámolo moi ben!





domingo, 12 de xuño de 2016

AMORODOS

No noso rincón das plantas podemos observar como as flores das nosas prantiñas se transforman en froitas. Mágoa que sexan pouquiñas pero podemos probar un anaquiño. Que boas!








ADIVIÑA: Que será esto que nos trouxo Raquel?




Si, unha pataca vermella con forma de corazón.Que bonita!

sábado, 11 de xuño de 2016

QUE MAIORES SOMOS!

Pouco a pouco  o curso vai rematando. Unha das cousas que máis nos gusta é celebrar os cumples cos nosos amigos/as.








Antía e Brais compartiron con nós estos doces tan bos.Elexiron a coroa na súa cor preferida.









Mateo soprou as velas deste biscoito tan rico e quixo a coroa vermella. Felicidades!