mércores, 10 de febreiro de 2016

ENTROIDO 2016

O tema elexido este ano para disfrazarnos era O sistema solar. Os nen@s  de E. Infantil fomos de sol, lúa e terra.



Esperando a que sexa a hora. Que boiños...!



Todo preparado para empezar o desfile.



GUAPO/AS !



Xa é a hora? Canta xente...


Ainda que o venres foi o desfile, toda a semana foi especial e o Meco andivo facendo das súas:
















Decímoslle adeus ó Entroido, o ano que vén mais. Grazas familias por facer un esforzo para vir a vernos.









TODO POLA PAZ

O pasado 30 de Xaneiro,como ben sabemos, foi o Día pola Paz e a Convivencia.No noso Centro, como actividade conxunta, fixemos un muro que simbolice a unión entre as persoas.
Cada nen@ trouxo un cartón de leite ou zume forrado con papel. Logo pegamos unhas palabras que previamente se traballaron na clase. 




Buscamos palabras doadas de entender. Que tódolos nen@s do mundo teñan casa, roupa, comida...







Chegará un día no que todolos días sexan de PAZ?.Por eles, que son o futuro.


luns, 8 de febreiro de 2016

QUE VÉN O COCO!

A voltas co inverno, na nosa clase quixemos facer uns " Bombóns de neve".Como o ingrediente principal é o coco, o primeiro que fixemos foi observar este froito, ver a árbore da que procede e as súas características.




Este coco non da medo!.Está moi duro, é peludo e dentro ten
auga.



Fixémoslle un buratiño para que saira a auga de coco.





E logo probámola.




Para os bombóns empregamos o coco xa raiado.













Mirade que ben nos quedaron e ademais moi doado de facer.