xoves, 26 de marzo de 2015

ENTRE MARZO E ABRIL...

Entre Marzo e Abril sae o cuco do cubil. El non sei se saiu pero nós, aproveitando que escampou un pouquiño, fomos a ver as plantas  que hai arredor do colexio.
Poidemos ulir a lavanda( e falar dos seus distintos usos) e o romeiro.



ATA LOGO!


martes, 24 de marzo de 2015

ESPERANDO A PASCUA

Pouquiño a pouco  chegamos ó  remate deste trimestre.Hoxe  fomos a ver a nosa camelia e botámoslle un pouco de auga

Despois, das árbores do patio, colgamos as poesías que fixemos nas aulas de  Infantil e Primaria:




Na primavera  todo se ve máis bonito e os bichiños saen  ó sol. Nós adornamos as fiestras con bolboretas e facemos un cempés. Hainos longos, curtos, bicolores...





E para a portada das nosas fichas, uns tulipáns. Os de verdade son moi fermosos pero duran pouquiño. Qué mágoa!


Case me esquezo. Hoxe trouxéronnos area para o noso areeiro. Que ben o van a pasar os nenos/as facendo castelos!




xoves, 19 de marzo de 2015

FOLLAS E POESIAS

O vindeiro sábado 21 de marzo conmemórase o Día Internacional dos Bosques.No noso Centro decidimos celebrálo adornando as árbores do patio con follas feitas polos nenos/as.
  Na nosa aula fixemos catro equipos: Cada un copiou un anaco de   poesía, despois de lelas e falar dos autores e do que nos queren transmitir.
  Dúas son de Rosalía de Castro, unha de Manuel  María e outra de Uxío Novoneyra (o poeta do Courel).A ver si vos gustan:




Agora só nos queda aprendelas, recortalas e plastificalas para colgalas das árbores e si chove ¡Que chova!, ainda que estos
días estamos disfrutando dunha primavera adiantada...

venres, 13 de marzo de 2015

A Primavera

Xa queda pouco para que chegue a Primavera.Na escola lemos poesías e escoitamos A PRIMAVERA de VIVALDI.







n

Despois de ver este video con música de fondo, cada un fai o seu debuxo:




Que tal quedaron?

luns, 9 de marzo de 2015

SAIDA POR PONTECESURES

O venres pasado todo o ciclo de Infantil fixemos unha saida polo pobo.O noso centro está en Pontecesures.
A  idea era visitar a estación do tren e vimos moi pretiño pasar un de pasaxeiros e outro de mercadorías.Despois visitamos a Praza de Abastos.Alí poidemos ver distintos postos de froitas, peixe,carne...
Todos nos trataron moi ben e mesmo probamos uns churros moi ricos.Grazas a todos.
Despois achegámonos á beira do río Ulla para ver as barcas que viñan de coller as LAMPREAS.Vímolas de cerca e mesmo poidemos tocalas (outra vez grazas ás familias que colaboraron).
Foi de moito proveito para todos e aprendemos moito.









A NOSA CAMELIA

Aproveitando o tempo tan bo do que disfrutamos estos días,saimos a plantar a camelia no noso patio.Estamos desexando que se abran as flores para vela ben bonita.

mércores, 4 de marzo de 2015

OS INVENTOS

O tema elexido para traballar ó longo do curso no noso Centro foi o dos" INVENTOS E INVENTORES".
As dúas aulas de 6º de Infantil traballamos este tema o curso pasado.Polo tanto, só tivemos que recordalo un pouco e fixemos un mural entre todos: