venres, 27 de febreiro de 2015

O INVERNO

Xa  queda menos para rematar o inverno.Na clase cantamos as cancións relativas á estación: "Tiri, tiri,tiritá", "El invierno está llegando...con Musizón", El invierno llegó", con pictogramas.A dos meses do ano sabémola todiña.
Unha das flores que máis abonda neste tempo é a camelia.Na localidade veciña de Valga, celebran esta fin de semana a súa festa e no Colexio fixemos unha pequena aportación .Vimos diferentes variedades e fixemos algunhas en papel de seda:







domingo, 15 de febreiro de 2015

A pesar de que o tempo non nos axudou, acudiu moita xente a ver o desfile do Entroido.Celebrámolo o venres no Pavillón Polideportivo de Pontecesures.¡ MOITAS GRAZAS A TODOS!


Que contentos estaban todos!.Viñan os papás a velos cantar e bailar.Despois a desfrutar dun merecido descanso;

Esta semana adicámola a diversas celebracións do Entroido.Cada día o Meco suxería algún complemento para vestir ou maquillarse e o xoves cada un veu disfrazado como quixo.Tamén pedimos ás familias algún producto típico para compartir.





mércores, 11 de febreiro de 2015

Os dinosauros

Seguimos traballando o  tema dos dinosauros. Están todos/as moi entusiasmados realizando este proxecto.


O pasado día 30 celebramos un ano máis o día da Paz no noso Centro. Durante a semana fixemos distintas actividades nas aulas e rematamos cunha xuntanza de tódolos nenos de Infantil e Primaria.Tamén  fixemos unha exposición de traballos  no exterior do Centro para facer partícipes ás familias: