luns, 14 de marzo de 2016

SAÍDA POLO ENTORNO

O venres día 11 de Marzo saimos do Centro para facer un percorrido polo noso pobo (Pontecesures):




Fixemos a primeira parada na Estación . Alí vimos pasar dous trens e aproveitamos para merendar ó soliño.Antes fixemos unhas fotos co "coche de pedra".


Despois de coller forzas, visitamos o clube de piragüismo. Había un montón de piraguas, de   unha ata catro prazas.Foi moi interesante!.






Ainda houbo tempo para ir á Praza de Abastos.Alí   vimos peixes (entre outros as lampreas),froitas, verduras...

Como nos portamos moi ben, tamén xogamos no parque:


.Antes de voltar ó Colexio, unha pequena parada:




Grazas a Pepe e á xente da Praza de Abastos, sempre disposta a colaborar.